A nosa compañeira Rocío Sánchez Ameijeiras superou o pasado 16 de marzo de 2021 a proba para alcanzar a posición de Catedrática de Universidade de Historia da Arte da USC.
Tra-lo parón debido a crise do 2008 o que se sumou unha inexplicable política de promoción do profesorado vixente na USC durante demasiado tempo, con oito anos de retraso, Rocío por fin alcanzou a meta. Rocío ten un amplísimo recorrido académico, publicacións nas mellores revistas, colaboracións invitadas en libros de prestixio e conferencias nas universidades de referencia en Europa e os USA (Princeton, Courtlad Institute de Londres, Université de Génève…), incluíndo unha Beaufort Visiting Scholar Fellowship no St. John’s College de Cambridge, e foi invitada a dar clase de Arte Medieval no departamento de Historia da Arte da mesma Universidade.
No decurso da proba presentou o seu curriculum vitae e un orixinal proxecto de investigación chamado Edificios inquietos: Visión, ilusión y movimiento en el Arte Gótico, sobre o que a xa catedrática desenvolverá un traballo sobre a relación semántica entre as formas arquitectónicas e as decoracións escultóricas nos edificios góticos dende as primeiras fases, no Pórtico da Gloria de Santiago, por exemplo, ata o gótico italiano en frescos de Giotto en Padua. Intenta Rocío definir un xénero visual específico relacionado co feito de ter visións culturalmente emparentadas con concepcións cosmolóxicas.
¡Os nosos parabéns!
Commentaires