O novo equipo decanal da Facultade de Xeografía e Historia da USC, que foi votado hoxe por maioría, está composto polo decano, Marco V. García Quintela e os vicedecanos Antonio Míguez Macho, para Asuntos Académicos e María José Piñeira Mantiñán, de Asuntos Económicos; a secretaría será asumida por Carmen López Calderón.
Tras gardar un minuto de silencio por Samuel Paty, profesor de Xeografía e Historia recentemente asesinado en Francia, o prof. Quintela fixo fincapé na necesidade de construir un novo contrato social da Facultade baseado na reforma dos plans de estudo e a posible introducción de dos novos graos, a renovación do cadro de persoal e a construcción dunha imaxe de marca da Facultade baseada na investigación e o compromiso coa sociedade.
Tamén quixo agradecer a labor do anterior equipo decanal composto por Francisco Ramón Durán, Begoña Fernández, Margarita Barral e Fernando Pérez.
¡¡Os nosos parabéns!!!
NOVA.
Comments