top of page
Foto del escritorAdministrador

As fortificacións modernas do río Miño



Rebeca Blanco-Rotea asina este capítulo titulado, As fortificacións modernas do río Miño. Reflexións sobre diferentes estratexias para a súa posta en valor, publicado no volúme, "A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos: Galicia e outros exemplos", que foi coordinado por C. Nárdiz Ortiz para o Consello da Cultura Galega.


Extracto:

O río Miño é o río mais importante de Galicia. Nace no Pedregal de Irimia,

na serra de Meira, no nordeste da provincia de Lugo, e desemboca no océano

Atlántico, entre as poboacións da Guarda (en Galicia) e Caminha (en Portugal),

percorrendo, polo tanto, practicamente toda a xeografía da comunidade galega.

O interese por este río no presente texto vén da súa condición de fronteira natural nos seus últimos 76 km entre España e Portugal, un espazo coñecido como Baixo Miño en Galicia e Alto Minho no país veciño. Nós referirémonos a el cando falemos do espazo común como o val do Miño ou a fronteira miñota.

Esta fronteira tivo un especial interese durante o período transcorrido entre

1640 e 1668, momento no que tivo lugar a Guerra da Restauración entre o

Reino de Portugal e a Coroa de Castela, tras a proclamación como rei João IV

(1640-1656) do duque de Bragança, cabeza dunha antiga familia nobre portuguesa e descendente de João I de Portugal. Con motivo deste proceso bélico, o espazo localizado no último tramo do río Miño, que contaba cunha serie de castelos e torres medievais localizadas estratexicamente nas zonas de pasos sobre o río, foi transformado durante a guerra e con posterioridade a ela, o que deu lugar a unha paisaxe fortificada á moderna, cuxo elemento máis significativo será a realización dunha serie de fortificacións de planta abaluartada tanto de carácter permanente coma de campaña, que, ao longo destes 76 km, interactúa co río Miño, cos seus pasos, coas vilas e cidades que se atopan na súa beira, e coas serras que pechan o val polo norte e polo sur. Hoxe, esta paisaxe e os elementos que a conforman constitúen un dos conxuntos patrimoniais fronteirizos máis ricos e interesantes que temos en Galicia. Neste texto, que se corresponde co relatorio impartido o día 7 de novembro de 2018 nas xornadas «A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos: Galicia e outros exemplos», organizadas polo Consello da Cultura Galega, reflexionaremos sobre a súa relación co río, sobre a súa condución como elemento patrimonial e sobre a súa posta en valor.


Como citar:

Blanco-Rotea, Rebeca. 2021. "As fortificacións modernas do río Miño. Reflexións sobre diferentes estratexias para a súa posta en valor". C. Nárdiz Ortiz (coord.) A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos: Galicia e outros exemplos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 163-199. DOI: 10.17075/pvpcr.2021.009 / ISBN 978-84-17802-27-1




13 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page