top of page
Foto del escritorAdministrador

Arquitectura, urbanismo y territorio en la Alta Edad Media en Recópolis

Actualizado: 24 sept 2020


O Catedrático de Arqueoloxía da Universidad de Alcalá, Lauro Olmo Enciso, imparte a conferencia "Arquitectura, urbanismo y territorio en la Alta Edad Media

en Recópolis", no eido do IV Seminario de Investigación do grupo Síncrisis.

A conferencia complementaria irá a cargo de Celtia Rodríguez González e Laura Blanco Torrejón, co título "Vida e morte na Galicia altomedieval".

Esta primeira sesión do seminario, que terá lugar o xoves 24 de setembro ás 17:00h. na Aula 2 da Facultade de Xeografía e Historia, estará moderada pola profesora Rebeca Blanco-Rotea.


O seminario pode ser seguido a través desta ligazón.

O IV Seminario de Investigación do grupo Síncrisis se trata dun curso presencial de 20 horas, organizado no eido do Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e do Grupo de Investigación GI 1919. Síncrisis. Investigación en formas culturais.

Esta actividade está integrada por 10 sesións, unha por mes, impartidas na Facultade de Xeografía & Historia da USC, entre setembro do 2020 e xuño do 2021. Serán impartidas preferentemente en castelán, e durarán entre 120 e 150 minutos cada unha.

As sesións de traballo están pensadas como un contraste entre un investigador senior (agás a primeira conferencia, inaugural do máster de Arqueoloxía...) e un investigador novo do grupo Síncrisis, arredor dunha temática similar. A idea é contrastar o traballo do novo cun experto diferente do seu director e logo recibir opinións tendentes á mellora do seu traballo de doutoramento. O obxectivo xeral é diversificar os xeitos de transmisión dos usos académicos entre diferentes clases de idade.

O curso está aprobado como actividade formativa de doutoramento pola COMISIÓN ACADÉMICA DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO de Xeografía, Historia e Historia da Arte, co recoñecemento de 1 crédito.

PARA ACADAR O RECOÑECEMENTO DO CRÉDITO O PERÍODO DE MATRÍCULA SERÁ DURANTE O MES DE SETEBRO, A TRAVÉS DA SECRETARIA VIRTUAL DA USC, ATA CUBRIR 25 PRAZAS.

TAMÉN PÓDESE ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A marco.garcia.quintela@usc.es NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS NIN CORREOS DE CALQUERA TIPO QUE NON USEN AS DIRECCIÓNS OFICIAIS DE E-MAIL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

VERIFICARASE A ASISTENCIA. PERMITIRASE UN MÁXIMO DE DÚAS FALTAS SEN XUSTIFICACIÓN.

PARA OUTROS INTERESADOS A ASISTENCIA É LIBRE.


139 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page