top of page
Foto del escritorAdministrador

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 10. Alén dun castro. Arqueoloxía, restauración e divul


O encontro, titulado Alén dun castro. Arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña, contará coa participación de Luis F. López González, Ángel Concheiro Coello e Yolanda Álvarez González.

Rebeca Blanco Rotea coordina esta nova edición dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural que terá lugar no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela o xoves, 23 de febreiro de 2017, ás 16:30 horas.

O tema a tratar é O Castro de Baroña, un dos xacementos máis visitados de Galicia, no que se xuntan interesantes aspectos patrimoniais, a súa temperá posta en valor e a súa localización, que lle confiren un importante valor paisaxístico. Nos últimos anos desenvolvéronse varias campañas de reescavación do sitio, escavación de zonas novas, restauración e posta en valor, así como un importante esforzo pola súa divulgación en tempo real.

Este encontro céntrase en tres aspectos relativos a Baroña: o seu valor patrimonial, o seu valor social e as súas necesidades de cara ao futuro. Como xa é habitual, haberá un espazo de debate, desta volta centrado nun dos lugares patrimoniais máis significativos de Galicia.

Podes consultar o PROGRAMA.

Nesta ligazón podes facer a túa SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

13 visualizaciones0 comentarios
bottom of page