

SINCRISIS. Investigación en Formas Culturais, es un grupo de investigación de la Universidade de Santiago de Compostela dedicado a la generación de conocimiento histórico, histórico-artÃstico o filológico y a la implementación de ideas, técnicas o modelos de investigación sobre el patrimonio histórico y cultural.
Héctor Paleo Paz

PROYECTO DE TESIS
CidadanÃa e ideoloxÃa popularis na TardÃa República (88-44 a.C).
Dirección de tesis doctoral: Pedro López Barja.
​
O enfoque co que se adoita a abordar o estudo da cidadanÃa romana acostuma a poñer o foco ben na potencia polÃtica e ideolóxica desta institución como un instrumento romanizador, ben nas súas diferentes manifestacións xurÃdico-constitucionais. Neste sentido, aÃnda que a existencia de diferentes axendas polÃticas respecto da mesma é algo que se menciona e recoñece, a aparente relación entre unha concepción máis inclusiva da cidadanÃa e a ideoloxÃa popularis, por un lado, e un modelo máis restritivo e a familia ideolóxica dos optimates, polo outro, permanece sen analizar en profundidade. Este proxecto de investigación intenta poñer remedio a esta carencia, centrándose, por tanto, en analizar o papel que xogaba a cidadanÃa romana no discurso polÃtico da República tardÃa. O seu obxectivo é determinar se a relación entre este debate sobre como entender a cidadanÃa – se dunha forma máis restritiva ou máis inclusiva – e a divisoria optimates-populares é unha simple aparencia ou, pola contra, estamos ante unha cuestión central do debate ideolóxico da época.
Neste sentido, estudarase o perÃodo que discorre desde a Guerra Social, concretamente desde a promulgación da lex Iulia (90 a. C), ata o asasinato de César (44 a. C.), onde analizaremos aquelas discusións polÃticas que xiraron dunha forma directa sobre a condición de cidadán e as súas implicacións xurÃdicas, polÃticas e ideolóxicas. Desta forma, os casos a investigar son catro: o primeiro deles é a integración dos novi cives por mor da vitoria romana na Guerra Social; o segundo corresponde ás discusións e iniciativas lexislativas que buscaban integrar os libertos nas tribos rústicas; o terceiro, xira en torno á lex Papia de Peregrinis (65 a. C.), que perseguÃa falsos testemuños de cidadanÃa co obxectivo de expulsar aos impostores de Roma; e no cuarto e último lugar, analizarase a concesión da cidadanÃa romana ao conxunto da Galia Cisalpina. Para isto, acudirase a un corpus documental que se divide fundamentalmente en dous grandes eixos. Por unha banda, analizarase o conxunto de fontes literarias referidas á República TardÃa, cunha especial énfase en Cicerón, tanto pola inxente cantidade de obras conservadas da súa autorÃa, como pola natureza eminentemente polÃtica do seu contido. Por outra banda, e desde unha perspectiva xurÃdica, estudaranse o conxunto de textos lexislativos que conservamos tanto por vÃa epigráfica como literaria.